Estes son os idiomas que se poden estudar
neste centro: Alemán. Francés. Galego, Inglés, Italiano e Portugués.
Niveis de lingua:
Segundo o Real Decreto 191/2007, publicado no DOGA do 9 de outubro de 2007, as ensinanzas de idiomas de réxime especial se organizarán en tres niveis: básico, intermedio e avanzado. Nesta escola, cada un dos niveis organízase do seguinte xeito:
| BÁSICO 1 |
| BÁSICO 2 |
| INTERMEDIO 1 |
| INTERMEDIO 2 |
| AVANZADO 1 |
| AVANZADO 2 |
Modalidades de estudo
na EOI:
Os alumnos poderán seguir a ensinanza dos idiomas que se
imparten neste centro que a seguir se detallan:
1º. Ensino presencial.- O alumnado asiste ás clases no curso no que estea matriculado e realiza exames parciais e o exame final. Nos cursos non terminais (Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1) tamén ten dereito a unha avaliación continua ó longo do curso se asiste regularmente a clase e non supera a porcentaxe de faltas admitidas.
2º Ensino a distancia.-"That's English": [soamente para INGLÉS] existe a posibilidade de estudiarInglés seguindo clases a través de LA 2 de TVE, e asistindo a titorías semanais nas EOI's e/ou centros de apoio titorial.Esta modalidade consta de 9 módulos organizados do seguinte xeito:
| Módulos 1, 2, 3 |
BÁSICO 1 |
| Módulos 4, 5 |
BÁSICO 2 |
| Módulos 6,7 |
INTERMEDIO 1 |
| Módulos 8,9 |
INTERMEDIO 2 |
A superación do módulo 5 e 9 dará acceso a realización das correspondentes probas terminais de certificación de nivel básico e intermedio respectivamente, que serán unificadas para todo o alumnado, independentemente das modalidades cursadas.
A Escola de Idiomas contempla tamén estas posibilidades:
Ensino Libre.- O alumnado pode facer as probas de certificación de final de nivel polo réxime libre no mes de xuño e setembro , matriculándose na EOI nos prazos establecidos para as ditas probas.
Probas de clasificación.- O alumnado pode realizar as probas de clasificación no mes de setembro se xa ten coñecementos do/s idioma/s que quere cursar, para acceder ao curso que se corresponde co seun nivel.